A insólita colocación dunha ITV móbil

A insólita colocación dunha ITV móbil

04 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A agrupación local do BNG de Meira criticou a colocación da Inspección Técnica de Vehículos móbil que estes días presta servizo na vila. Segundo denuncian os nacionalistas, a estación da ITV móbil está situada de cheo no medio dun cruce múltiple, invadindo totalmente a estrada, varios pasos de peóns e incluso a beiravía.

Así, o BNG meirego cualificou a situación da ITV como “todo un exemplo de improvisación e unha mostra perfecta do que nunca debería acontecer”. Neste sentido, a formación nacionalista fixo un chamamento aos responsábeis de decidir no seu momento a ubicación da ITV móbil “para que nun futuro a coloquen nun lugar máis axeitado”. O BNG fixo fincapé, ademais “en que a decisión do lugar que ocuparía a ITV foi totalmente desaxeitada, sen rigor e improvisada”.

Sociedade