A Inspección de Traballo páralle os pés a Repsol

A Inspección de Traballo páralle os pés a Repsol

27 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Inspección de Traballo dirixiuse esta tarde a Repsol, instando a non poñer en marcha a planta de coque da Refinería da Coruña, ata que non se aclaren as circunstancias do accidente que causou queimaduras de gravidade en dous traballadores. Os empregados continuan hospitalizados en situación estacionaria.

O comité de empresa da Refineria presentou esta mañá unha denuncia na Inspección de Traballo reclamando o aprazamento da posta en marcha da unidade na que aconteceu o sinistro. Desde este organismo se dirixiron á empresa petrolífera reclamando esa paralise temporal, o que aceitou a empresa. Segundo fontes sindicais, Repsol anunciou onte en duas ocasións a inmediata posta en marcha da planta de coque. Os delegados sindicais tamén anunciaron a presentación dun completo informe sobre as circunstancias do accidente. Non quixeron adiantar de momento os extremos dese texto, nen as posibeis causas do sinistro.

 

O accidente aconteceu o pasado 15 de abril ás 10,35 horas nunha das cámaras da planta de coque (carbón de petroleo). Escoitouse un forte ruido e 2 empregados dunha compañía auxiliar resultaron feridos de gravidade.

 

Sociedade