Ith Crowdfunding apoia colectivamente novos horizontes para a creación literaria galega

Ith Crowdfunding apoia colectivamente novos horizontes para a creación literaria galega

22 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Espreitar cara o futuro da creación literaria. Espreitar como o facía Ith, fillo de Breogán, que subido alí onde dende século tras século soben os coruñeses a divisar o horizonte infindo, na cimeira da  Torre de Hércules, albiscou a terra de Eire. E así como dende o fogar de Breogán se localizou unha terra de porvir, así tamén Uxío Novoneyra imaxinou un futuro mellor coa s&uacute

Ith é unha plataforma literaria baseada no financiamento colectivo que busca crear  unha comunidade de lectores arredor de proxectos literarios moi especiais; ideas construídas sobre o principio do traballo en rede. Investigar, editar e divulgar de forma participativa e colaborativa son os obxectivos desta ferramenta, que aspira a canalizar accións que produzan cambios no actual escenario editorial.A Plataforma convida a que os contacten aquelas persoas que teñan unha idea para unha nova acción literaria. Buscan propostas editoriais, escénicas, musicais, curatoriais, festivais, encontros e outras accións que integren unha comunidade de lectores libre e aberta.

Ith é unha é iniciativa da Fundación Uxío Novoneyra desenvolvida co apoio do Ministerio de Cultura do Goberno de España e que engade o apoio da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.A idea de Ith nace nalgún momento do ano 2011 nas cabezas de Carlos Arias, Uxío Novoneyra e Branca Novoneyra, na procura dunha ferramenta que permitise canalizar toda a creatividade que se dá na cultura galega dun xeito aberto e plural e que transcendese os moldes habituais dos circuítos culturais que xa coñecemos.

Cultura