ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cando remate o estado de alarma teremos como mínimo un mes e medio para pasar a ITV dos nosos veículos. O dia 12 reabríu as portas a estación da Gándara á que hoxe se incorporou todo o plantel.
Mentres dure o estado de alarma, non é obrigatorio pasar a ITV aos nosos vehículos. Cando remate o estado de alarma pola crise sanitaria, teremos como mínimo un mes e quince días para facer a revisión, segundo a ultima orde publicada o sábado polo Ministerio de Industria. Segundo a data de caducidade, vai aumentando o tempo que temos para pasar a revisión, segundo nos confirma a directora das estacións de ITV de Ferrol e de Espitiru Santo, Carmen García de los Reyes . Así, os vehículos aos que lles caducaba o 14 de marzo pasado teñen, unha vez anulado o estado de alarma, un mes e medio para pasar a ITV; aos que lles caducou a semana do 21 de marzo, teñen dous meses e os da semana do 28 de marzo, dous meses e medio; e así sucesivamente. Non deben preocuparse os propietarios dos vehículos que estean pendentes de pasar a revisión porque desde a ITV enviaranlles un SMS ou un correo para informalos de cando lles caduca a cita. Recorda Carmen García que os vehículos que teñen pendente a segunda revisión non poden utilizar o vehículo agás para acudir ao taller a solventar os problemas detectados no mesmo. Esa norma permanece en vigor no estado de alarma o mesmo que no estado de normalidade.
A directora da estación de ITV da Gándara, recomenda concertar a nova cita con anterioridade porque, nestas circunstancias, non se atenderá a ninguén que non teña a cita concertada. Recomendan tamén o pago a través de internet porque desta maneira os condutores non terán que baixar do coche. As revisión retomáronse tras o peche das estacións de ITV, o pasado martes día 12 con algunhas novidades relacionadas coa prevención de riscos. Os técnicos da ITV non acceden en ningún momento ao interior do vehículo, dando as instrución pertinentes desde fora aos condutores para que revisen eles mesmos o funcionamento deses elementos do interior co coche. Por suposto, os técnicos contan cos EPIs necesarios que cambiarán entre vehículos e pechan as instalación durante 45 minutos ao mediodía para proceder á desinfección das instalacións. O horario establecido na estación da Gándara é de 8 a 14 horas e de 14,45 a 21 horas, de luns a venres. Os sábados, abre de 9 a 14 horas.
Hoxe día 18 de maio reincorporouse xa todo o cadro de persoal da estación e nos próximos días reforzarase. Na actualidade son 18 os traballadores e traballadoras habituais na ITV da Gándara. Son uns 70.000 os vehículos que pasaron a revisión técnica no ano 2019. O parque de vehículos de Ferrol non destaca por ser máis vello que no resto de Galicia, sendo moi similares os datos aos do resto do país. Hai un dato curioso, que son 2 de cada 10 os coches que se ven obrigados a repetir a revisión. Son as épocas de vacacións de Nadal, Semana Santa e verán as de maior volume de traballo nesta estación ferrolá. Finalmente lémbranos, Carmen García de los Reyes, pedir a cita previa para pasar a revisión, tendo en conta o prazo de tempo que temos de marxe para facelo, mentres dure o estado de alarma. Así facilitamos a súa programación e poder cumprir os prazos.
Publica o teu comentario agora