Iván Puentes: “Coa reforma da Praza do Perla melloramos a utilidade deste espazo público”

Iván Puentes: “Coa reforma da Praza do Perla melloramos a utilidade deste espazo público”

13 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene cualifica de “sinxela pero necesaria” a reforma da Praza do Perla. A intervención, prácticamente lista, mantén como elemento central no recinto o grupo escultórico “Espectador”, de  Suso Basterrechea.  Neste senso, Iván Puentes asegura que o goberno municipal en ningún momento se plantexou a posibilidade de retirar ou trasladar a peza porque “é patrimonio municipal e non ter&i

En palabras do alcalde de Fene, a reforma da Praza do Perla respondeu a dous obxectivos fundamentais. Por un lado, quíxose dotar de asentos aos moitos viandantes que a diario pasan por esta zona, ademais de darlle un novo aspecto “máis humanizado”. É por iso que se instalaron, ao redor da escultura de Suso Basterrechea, oito novos bancos, de forma cúbica e vangardista, e oito novas xardineiras “coas que se pretende dar un novo cariz a unha praza que máis parecía unha mole de cemento con sillas de bronce”.

Para o desenvolvemento desta actuación, na que se investiron ao redor de 25.000 euros, o Concello de Fene contou cunha subvención da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.  Ademais, segundo avanzou Iván Puentes en Radiofusión, a obra completarase en breve coa instalación na Praza dun monolito animando aos veciños a facer as súas compras no comercio local.

Críticas do PP á reforma da Praza do Perla

Moi críticos se amosan os Populares de Fene en relación coa reforma desta praza, ate o punto de acusar ao goberno municipal de “despilfarrar o diñeiro publico nun lugar de titularidade privada”.  Nun comunicado, o PP afirma que a praza de Perlío non consta aínda como de titularidade municipal, sendo a promotora do edificio a súa actual propietaria.

Ademais, din os Populares, con esta obra “ non mellora o aspecto da praza, nin o seu uso e disfrute polos veciños xa que carece dunha zona tanto para resgardarse do mal tempo coma, no verán, para protexerse do sol”.

Sociedade