Iván Puentes repasa asignaturas pendentes no fin de curso

Iván Puentes repasa asignaturas pendentes no fin de curso

21 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nestes dias de despedida do curso escolar o alcalde fenés referiuse ás carencias dos centros escolares feneses, que quedan pendentes. Culpou á Xunta de Galicia de deixadez pero afirmou que o concello vai seguir insistindo para que axecute aquelas que son urxentes, e citou ao colexio Os Casais de Maniños como un dos máis necesitados dunha nova cuberta; o de Centieiras precisa urxentemente un aula de educación física, mentras que o IES sigue agardando pola ampl

O borrador dos Orzamentos Municipais de Fene para o 2010 volveu retrasarse polos novos decretos do goberno central que obrigaron a reformar as contas, no que ten que ver coa reduccion do salario dos funcionarios e a contención dos creditos. Segundo o alcalde, Iván Puentes, antes de que remate o mes de xuño, entregarase o novo borrador aos grupos políticos.

Referiuse o alcalde fenés esta mañán ao retraso na finalización das obras da praia de Rio Sandeu, asegurando que o mal tempo e as choivas de dias pasados provocaron a paralización das obras durante uns días. A praia non está lista pero Costas comprometeuse a abrir un acceso provisional para que a xente poda acceder ao areal, segundo Iván Puentes. Ao final o investimento previsto na rehabilitación da praia duplicouse e son xa 400.000 euros os investidos polo Ministerio de Medioambiente.

Anunciou o alcalde fenés que esta semana sí se inaugurará a nova fase do parque Castelao, a que  realizou a Escola Obradoiro e, aínda que non concretou cando será o acto de inauguración, probablemente se celebre o proximo venres.

Sociedade