A IV Gala Lvcvs Moda reta a crise coa creatividade

A IV Gala Lvcvs Moda reta a crise coa creatividade

24 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Gala Lvcvs Moda chega á súa cuarta edición  con fins benéficos e poñendo en valor a creatividade dos lucenses fronte á crise. 5 deseñadores, 14 firmas de artesanía, 7 peluquerías e 18 colaboradores estarán presentes nunha gala retransmitida por diferentes canles de televisión, grazas ó traballo do alumnado de Produción e Realización da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC. Regina Polín

O vindeiro día 8 de maio, ás 21:00 horas, no espectacular MIHL, os lucenses teñen unha cita coa creatividade lucense que atraerá a atención dos medios e cuxa recadación de destinará integramente ó Fogar do Transeúnte da capital luguesa. As entradas poderanse mercar nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes ó mesmo prezo que en anos anteriores, 20 euros. Coa súa entrada, todos os asistentes recibirán un pequeno catálogo no que poderán atopar toda a información necesaria para adquirir calquera deseño das coleccións presentes, de moda, artesanía e peluquería.

Nesta ocasión estarán presentes cinco deseñadores: Inpe-Abrigo Verde, Luis Areñas para Manuel López, Montse Arias, René Velasco e Tina Cortón amosarán as súas últimas creacións sobre a pasarela. Tamén participarán 14 destacadas firmas de artesanía da provincia: Cecilia Carballo, Cesteríaviva, Corazóns Artesáns, En lá, Jara Rodríguez, M&N, Obradoiro, Otero y Fieiras, Paula Dimé, Ramón Álvarez, Rappa Taller, Sra. María, Vidal Revilla e Yanllan, que presentarán os seus traballos de xoiería, cestaría, téxtil, coiro e outros complementos de vestir.

Os asistentes á Gala deste ano terán a oportunidade de ver por primeira vez un show de peluquería. Os creadores serán sete profesionais da imaxe: Aluma, Attelier, Eduardo Souto, Gala Group, Miriam Souto, Mohama e Pardo Peluqueros.

Ó igual que en anteriores edicións, foron moitos os negocios lucenses que quixeron colaborar co evento. Nesta ocasión Adamascada Asesor de Imagen, Area, Arte Floral Rabel, Cuplé, Dick&Paul, Joyería Senén, Messalina, Modesto Santa Eularia, Porta Castelli, Ramón Rebolo, Rochas, Torques, Zapaterías Cortés, IES Muralla Romana, Mesón de Alberto, Restaurante Koki García, Cuqui Bakes e Briopack prestarán o seu apoio á Gala.

Os que non teñan a oportunidade de ver este gala en vivo poderán facelo nas súas casas, posto que serán moitas as canles de televisión que emitirán o sinal ofrecido polos alumnos de Produción e Realización da Fundación TIC, que deixarán constancia de todo o que aconteza esa noite dentro de Museo Interactivo de Historia de Lugo.

Sociedade