IV Liga Ibérica de Ximnasia Artística

Celébrase esta fin de semana en Fene, coa concurrencia de 500 deportistas.
24 de Xaneiro, 2020 - 08:11 h. | Publicada por Radio Fene

62 equipos procedentes de toda España participarán en Fene na segunda fase da IV Liga Ibérica de Ximnasia Artística. Prevese o concurso duns 500 deportistas e celebrarase no pavillón de A Xunqueira, en San Valentín.

O pavillón de A Xunqueira, en San Valentín, albergará esta fin de semana a IV Liga Ibérica de Ximnasia Artística. Tomarán parte un total de 62 equipos procedentes de toda España –de comunidades como Madrid, Cataluña, Euskadi, Valencia, Castela e León, Illas Baleares e Galicia-.

No seu conxunto, reuniranse uns 500 deportistas. A cita deportiva celebrarase sábado 25 e domingo 26 e as categorías nas que participarán os equipos son as seguintes: a división B, cun total de 17 equipos e con representación local a través do Club Ximnasia Ferrolterra, terá lugar o sábado de 9 a 14,10 horas. A entrega de trofeos está prevista ao remate.

De tarde, entre as 16 e as 21,30 horas será a quenda da división kids, con 18 equipos e tamén representación do Club Ximnasia Ferrolterra. Tamén ao remate, realizarase a correspondente entrega de trofeos. O domingo, de 9 a 17,10, será o turno da división C, con 27 equipos, e entrega de trofeos ao remate. (Na imaxe, exhibición de Nadal do Club de Ximnasia Artística Ferrolterra, no pavillçón A Xunqueira).

Deportes

Publica o teu comentario agora