ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Taekwondista vilalbesa Janice López Castelo, que compite baixo as cores da Escola Moo Duk Kwan da capital chairega, amosou a súa calidade ao rematar no terceiro posto do Open de España desta arte marcial, dentro da categoría cadete no peso lixeiro. O evento, que é unha das grandes citas do panorama peninsular, celebrouse en Alicante o pasado fin de semana.
O devir de Castelo no torneo levantino foi impecable desde o comezo, xa que o seu primeiro combate rematou cun definitorio 12-2, mentres que o segundo finalizou cun 9-5 a favor da vilalbesa. O único lunar á actuación de López Castelo foi a semifinal, onde caeu derrotada pola gañadora final, a xermana do Club Ostalb, Patricia Werstein. O segundo posto foi para a murciana do Club TKD Horadada, Eva María Espina; mentres que no bronce, María Dolores López, do Club Koryo de Murcia, acompañou a Janice López no terceiro caixón do podio.