Javi Enrique volve ao Barallobre

Javi Enrique volve ao Barallobre

08 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O xogador aresano, veciño de San Valentín Javi Enrique volverá a vestir a camisola verde do Barallobre. A directiva que preside Bautista Ares púxose en contacto co xogador para reforzar o equipo que dirixe Javi Carpente. Javi Enrique aceptou e, posiblemente, no vindeiro encontro de liga poda volver a militar na S.D.Barallobre.

Javi Enrique xa xogou co equipo verdinegro hai unha temporada. Veu ao conxunto fenés da man do adestrador Agustín Fernández. As sancións de Iván Martínez e de Francisco Brage xunto coas lesións de Roberto Dopico, Zalo e Adrián merman notablemente o potencial do conxunto que adestra Javi Carpente.

Deportes