Javier Krahe, esta noite na Super8 de Ferrol

Javier Krahe, esta noite na Super8 de Ferrol

10 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Javier Krahe presenta o seu último traballo, "Las diez de últimas", nun concierto esta noite na Sala Super8 de Ferrol. O cantautor madrileño,  poeta urbán de letras enxeñosas e apegadas á realidade, é un dos primeiros convidados na programación da sala da rúa Real de Ferrol, do ano 2014. A entrada custa 12 euros anticipada e 15 euros esta noite.

Krahe catará cancións do traballo discográfico lanzado ao mercado no mes de novembro en formato libro-disco, porque o CD se acompaña do libro "El derecho a la pereza", un clásico publicado en 1880 por Paul Lafargue, xenro de Karl Marx.

O concerto, hoxe venres 10 de xaneiro, ás 22.30h.

Sociedade