Jomer nunca falla

Jomer nunca falla
03 de Xullo, 2018 - 10:22 h. | Publicada por Radio Negreira

Teñen claro que é unha oportunidade para vender a mercancía fora de temporada, na maioría dos casos rebaixada ao 50% e para presentar as novas coleccións que terán tamén un desconto, aínda que sexa do 10%.

ESCOITA O PODCAST:

Nun extremo da Avenida Naturais de Fene está Jomer que participa este ano de novo na Fashion Night organizada polo Concello de Fene coa colaboración da asociación de comerciantes O Cruceiro. Unha tenda veterana coa súa clientela feita, que se apunta ao evento do sabado con descontos importantes en todos os productos e prendas soltas a un prezo fixo de 10€.

A carón de Jomer está a academia de baile Fussion Dance que, coa de Boris Pico, aporta as súas bailarinas e bailaríns á xornada do sábado, con exhibicións nas prazas municipais.

Begoña recíbenos en Jomer.

 

Sociedade