Jorge Drexler presenta o seu novo disco “Amar la trama” no Teatro Colón

Jorge Drexler presenta o seu novo disco “Amar la trama” no Teatro Colón

05 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Jorge Drexler presentará ao público galego os temas do seu último traballo discográfico, “Amar la trama”, dentro do apartado musical da programación do Teatro Colón Caixa Galicia. A actuación do oscarizado compositor uruguaio será este venres 9 de xullo ás oito do serán. Con este novo disco, volverá a encandilar ao público coa súa maneira única de contar historias e a súa profunda sensib

A oferta teatral voltará ao escenario do Colón Caixa Galicia coa representación da obra ‘La cena de los idiotas’, o 16 de xullo. Unha comedia dirixida por Juan José Afonso e protagonizada por Josema Yuste, Felisuco e Agustín González que engadiu unha segunda sesión ante o éxito de vendas.

A programación cultural do Teatro Colón Caixa Galicia continúa o día 22 de xullo co xenial pianista cubano Gonzalo Rubalcaba. O multipremiado músico ofrecerá ao público coruñés a súa persoal revisión en clave de jazz da tradición musical cubana.

O 23 de xullo outra comedia teatral soberá ao escenario do Colón Caixa Galicia. Nesta ocasión, Llum Barrera, Alejandra Jiménez-Cascón e Ángel Ruiz protagonizan a obra “Glorius, la peor cantante del mundo”, unha montaxe de Peter Quilter dirixida pola prestixiosa compañía madrileña Yllana.

Cultura