Jorge Mira: “O bilingüismo protéxenos contra o alzheimer”

Jorge Mira: “O bilingüismo protéxenos contra o alzheimer”

21 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O bilingüismo protexe a nosa saúde. Explicouno o divulgador científico Jorge Mira nos micrófonos de Radiofusiòn: “As persoas que manexan máis dunha lingua fan unha ximnasia mental extra”. Ese fortalecemento do cerebro, apuntou o doutor en Física, tradúcese en que aqueles que coñecen varios idiomas atrasan os efectos de enfermidades como o alzheimer. Estes argumentos, xunto con outros variados coñec

Como funciona o botafumeiro? Por que as cadeiras anchas son un gancho para os homes? Que trazos físicos masculinos atraen as mulleres? As preguntas, e respostas, que Mira ofrece na súa obra resultan variadas, pero todas elas son “cuestións inesperadas” que o autor atopou no medio da literatura científica.

O profesor da Universidade de Compostela, popular polas súas intervencións nos medios de comunicación, asegura que o obxectivo do seu primeiro libro é demostrar que a ciencia, ademais de achegar coñecementos, pode ser unha fonte de entretemento. Unha mensaxe que xa gañou algún novo adepto. Mira contou en Radiofusiòn que a obra comparte espazo, xunto con revistas de moda e prensa rosa, nun salón de peiteados de Baio. “Está escrito en pequenas pílulas, así que é perfecto para as lecturas parciais”, explicou o autor.

A ciencia no punto de mira preséntase na Domus da Coruña mañá venres a partir das oito da tarde.

Sociedade