Jorquera comprométese a recuperar Preescolar na Casa

Jorquera comprométese a recuperar Preescolar na Casa

23 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, manifestou o seu apoio aos traballadores de Preescolar na Casa. O voceiro do Bloque no Congreso salientou que o proxecto “é unha referencia educativa para toda Galiza e mesmo a escala de Europa, que recibiu múltiples premios, cuxo modelo foi imitado e aplicado por outros países”. Ademais, salientou que Presescolar na Casa “ti&

Jorquera denunciou que “estamos ante unha decisión do goberno de Feijóo estritamente política, non económica, porque mentres se recorta por parte da Xunta nun proxecto educativo como Preescolar na Casa, asistimos a que fundacións, como a de Camilo José Cela, reciben subvencións millonarias ou que se incrementar as axudas da Xunta a centros de ensino privados que segregan aos nenos e nenas”. “Polo tanto, -advertiu- é unha decisión política e ideolóxica o recorte do goberno do PP na Xunta a Preescolar na Casa, que pode abocar a este proxecto ao peche”.

Institucional