Jorquera leva ao Congreso as graves deficiencias do vial de aceso ao porto exterior de Ferrol

Jorquera leva ao Congreso as graves deficiencias do vial de aceso ao porto exterior de Ferrol

18 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para pór de manifesto as deficiencias do víal de aceso ao porto exterior de Ferrol e a necesidade de que o Ministerio de Fomento se comprometa no arranxo das mesmas. Jorquera denuncia que desde o inicio da súa construción a estrada de acceso ao Porto Exterior de Ferrol tivo un importante impacto medio ambiental, principalmente nas parroquias de Mandia, Don

O BNG lembra que non é a primeira vez que como consecuencia destas obras se producen taludes que afectan as parroquias mencionadas. Jorquera considera que é hora de que o Ministerio de Fomento interveña adoptando as medidas precisas para rematar con este tipo de situacións derivadas das obras públicas. Ademais sinala que a pasada fin de semana produciuse un corrimento de terras que sepultou parte dunha vivenda na parroquia de Doniños.

A formación nacionalista interésase, na sua iniciativa, por coñecer que medidas concretas vai adoptar o Ministerio de Fomento e se vai informar aos veciños, dos lugares afectados, das súas actuacións.

Institucional