José Afonso, o home que borrou a raia

José Afonso, o home que borrou a raia

24 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Morreu o 23 de febreiro de 1987. Púxolle música á revolución máis fermosa do século XX, á revolución dos caraveis do Portugal de 1974. A súa canción Grandola Vila Morena serviu de contrasinal para o inicio dunha revolta pacífica que, sen disparar un tiro, rematou cunha dictadura. Dentro do seu compromiso, José Afonso tamen quixo aprodundar nas relacións entre Galiza e Portugal, borrar a raia que separ

José Afonso (Aveiro, 1929 - Setubal, 1987) actua con Miro Casabella en Valencia no Festival dos Pobos Ibéricos nos primeiros anos 70. Benedicto Garcia terá unha relación intensa de amizade e traballo durante dous anos con José Afonso. Benedicto consegue que o Zeca actue en Galicia en 1972. Será en maio, dia 8 en Ourense, 9 en Lugo,e 10 en Compostela no Burgo das Nacións. Será aquí onde cante por primeira vez o Grándola Vila Morena, que con posterioridade será mundialmente coñecida por ser o contrasinal e símbolo da Revolución dos Caraveis, do 25 de abril de 1974. O 31 de agosto de 1985 en Vigo, realizouse un gran Festival de homenaxe "Galiza a José Afonso". De ahí sairá un dobre CD con moitas colaboracións de amigos portugueses e galegos.
 
FRAGA,XAN Miro Casabella e a nova canción galega. Editorial Galaxia. Vigo 2008
 

Sociedade