José García Míguez, novo concelleiro en Redondela

José García Míguez, novo concelleiro en Redondela

29 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

José García Míguez tomará posesión do seu cargo como concelleiro no pleno da Corporación de Redondela que se celebra na tarde de hoxe. O Concello  reúnese esta tarde ás 20:30 horas nunha sesión ordinaria correspondente ao mes de xuño.

Unha sesión de trámite onde se abordará entre outras cuestión a reestructuración do Proxecto Marisma integrado dentro do Plan Feder. O proxecto inclúe, entre outras cuestións, a rexeneración da desembocadura do Alvedosa e a recuperación da zona da Marisma así como a construcción dun paseo que comunicará a Avenida Mendiño con Punta Socorro na Portela.

Ademais tomará posesión do seu cargo o edil socialista José García Míguez en substitución de Isabel Castro Piedras, que fora concelleira de xuventude e que abandonara o cargo semanas atrás por motivos personais, xa que se traslada a Estado Unidos a desenvolver un proxecto de estudos.

Sociedade