José González: “O barco museo Raíña do Carme é un dos principais atractivos turísticos de Burela”

José González: “O barco museo Raíña do Carme é un dos principais atractivos turísticos de Burela”

15 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Un dos recursos turísticos máis importantes e atractivos do Concello de Burela (Lugo) é o barco museo Raíña do Carme. Un boniteiro que se rescatou do desguace no 1998 cando se fixo a renovación da flota pesqueira. Unha parte importante destes barcos antigos, de máis de 30 anos, foron reemprazados agás o Raíña do Carme que pasou a ser un museo. Unha galería especial para divulgar as artes da pesca e os coñecementos do mar. At

O barco museo Raíña do Carme ofrece ao visitante unha atención especializada cun técnico que o mergulla na infinidade de aparellos vencellados ao mundo da pesca. Os turistas poden participar no seu funcionamento, nas súas tecnoloxía de comunicación e incluso no seu balanceo.

O atractivo deste museo reflíctese en cifras. 8.500 persoas visitaron o barco o ano pasado, chegándose a rexistrar 150 visitantes nun só día, sinalou en Radiofusión o concelleiro de Turismo de Burela, José González Legazpi. Só hai que achegarse ata Burela para visitalo. No caso de colectivos, grupos ou colexios deberán chamar ao Concello, a Axencia de Desenvolvemento Local ou á Oficina de Turismo desta localidade lucense.

González Legazpi destacou a situación estratéxica e privilexiada de Burela, no medio da mariña lucense, á hora de atraer turistas. Ás tres praias con bandeira azul, o Mirador Monte Castelo, a igrexa gótica do século XV, súmase este peculiar museo.

Durante o verán pódese visitar de 11 da mañá a 2 da tarde e de cinco e media da tarde a nove e e media da noite. No inverno só en horario de mañá.Toda a información do barco en www.expomar.com.

Cultura