Joseph Kipkosgei vence na XXXI Carreira Pedestre de Negreira

Joseph Kipkosgei vence na XXXI Carreira Pedestre de Negreira

07 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O atleta keniano Joseph Kipkosgei, de 30 anos, venceu esta mañá na XXXI Carreira pedestre de Negreira. Escapou xa nos primeiros embates da proba e realizou a maioría do percorrido en solitario. 29 minutos e 34 segundos foi a súa marca.

Chegou á meta minutos despois das 12 do mediodia. En segundo lugar situouse o tamén keniano Son Barnaba Sigei, de 26 anos e en terceira posición chegou o galego Rubén Castro Portela.

Kipkosgei xa chegou segundo o pasado domingo na Carreira de Santiago, e ven de gañar os 10 quilómetros da proba do CSIC en Madrid. Logrou tamén unha marca persoal de 28 minutos e 39 segundos en 10 quilómetros en El Dorte (Kenia), unha proba de moita altitude

Deportes