Juan Carlos Fasero, director do Agadic: “O Plan Galego das Artes Escénicas non é unha lei inamovible”

Juan Carlos Fasero, director do Agadic: “O Plan Galego das Artes Escénicas non é unha lei inamovible”

19 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Vinte compañías galegas, cinco espazos de exhibición e cinco xornadas de actividade artística e comercial converten á Feira Galega das Artes Escénicas na gran cita do ano para o sector. Programadores, distribuidores e axentes culturais de toda a Península atópanse convidados a este evento que se inaugurou esta mañá en Compostela co obxectivo de favorecer a compravenda de espectáculos galegos de teatro e danza. Ao mesmo tempo, a fei

Exceso de compañías, atomización e dependencia das subvencións son os principais problemas que sofre o sector das artes escénicas, na opinión do responsable da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Juan Carlos Fernández Fasero, quen entende que cómpre consensuar liñas estratéxicas co fin de solucionar esas eivas. Esas novas políticas poden, ou non, ser coincidentes co Plan Galego das Artes Escénicas que puxera en marcha o bipartito. “Os plans non son leis inamovibles da natureza”, argumentou Fasero en Radiofusión.

A Feira Galega das Artes Escénicas serve para analizar a actual oferta en teatro e danza das compañías galegas e para favorecer a presencia dos espectáculos do país nos circuítos estatais. Así, aqueles programadores que contraten producións durante a celebración do evento terán un desconto do 40% sobre o caché da peza.

No cartel desta edición, composto integramente por compañías galegas, destacan dúas estreas absolutas: Rosalía, a pulga que escribía, de Galitoon, e Shakespeare para ignorantes, de Mofa e Befa. Tamén se representarán, entre outras, as novas propostas de Lagarta Lagarta, Os Monicreques de Kukas, Sarabela Teatro, Teatro de Ningures, Teatro del Andamio, Teatro do Atlántico ou Teatro do Noroeste. Ademais dos profesionais acreditados, o público xeral terá a oportunidade acceder de xeito gratuíto á posta en escena destas montaxes. Os interesados poderán asistir ás obras programadas a partir das catro da tarde no Auditorio de Galicia, Salón Teatro e Teatro Principal, sempre en función do aforo dispoñible en cada caso.

 

Cultura