Judith Rodríguez, de A Pastoriza, e Carmen Mato, de Vilalba, recolleron os seus premios como gañadoras do Certame de narración sobre o Nadal

Judith Rodríguez, de A Pastoriza, e Carmen Mato, de Vilalba, recolleron os seus premios como gañadoras do Certame de narración sobre o Nadal

12 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As nenas chairegas Judith Rodríguez Gasalla, da biblioteca da Pastoriza; e Carmen Mato Maseda, de Vilalba, recibiron onte os seus premios como gañadoras, dentro da categoría de cativos de ata 8 anos, do Certame de narración sobre o Nadal impulsado pola Biblioteca Provincial e no que participaron rapaces de 10 bibliotecas públicas de Lugo. O propio edificio lucense foi o lugar escollido para o acto de entrega así como a presentación da publicaci&oacut

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, presente no acto, valorou o traballo creador de todos os participantes, e especialmente dos gañadores, así como o impulso que cada ano imprime a Biblioteca Provincial de Lugo a este certame “e o feito de que 22 bibliotecas públicas municipais sintonizasen coa convocatoria e fixesen cadansúa chamada local para rapaces e rapazas das súas circunscricións”.

 

 

Os rapaces e rapazas recolleron os seus premios –consistentes nunha figura de Sargadelos, diploma e un lote de libros- de mans da delegada territorial e dos membros do xurado: o xefe territorial de Cultura, Xosé Carlos Rodríguez Andina; Jaime Santoalla Varela, inspector de Educación, e a directora da Biblioteca Provincial, Marisol González Regal.

 

Tamén tiveron a súa cota de protagonismo os gañadores da pasada edición, cuxos poemas conforman o último libro da serie Os nenos e o Nadal. “Este libriño que hoxe ve a luz, con dezaoito traballos, e o futuro libro do próximo Nadal, con 16, son auténticas pezas mestras que deberán figurar en todas as antoloxías que o día de mañá rexistren a vosa evolución como escritoras e escritores de prestixio”, sinalou a delegada.

 

Raquel Arias agradeceu o esforzo de cantos concorreron á presente edición do certame, “pero tamén quero amosar o agradecemento e felicitacións aos pais que animan aos mozos escritores, aos mestres e bibliotecarios que fomentan esta afección, e aos xurados que teñen a difícil tarefa de elixir os mellores traballos”.

 

 Relación dos premiados

Os premios deste ano chegaron a puntos moi diversos da provincia. Así, na categoría de nenos e nenas de ata 8 anos os gañadores foron Judith Rodríguez Gasalla, da biblioteca da Pastoriza, Elena Vilela Vázquez, da de Sarria, e Carmen Mato Maseda, de Vilalba. O xurado acordou conceder ademais dous accésits para Aldara Pozo Rodríguez e Xiana Rego Fernández, da Pobra de Brollón e Mondoñedo respectivamente.

 

Polo que respecta á categoría de nenos e nenas de entre 9 e 11 anos, resultaron gañadores Laura López López, de Sarria, Adrián Estraviz Cerdeira, da Biblioteca Provincial –na capital lucense-, e Macarena Ledo Vázquez, de Burela. Así mesmo, recibiron accésits Paula Vázquez, tamén de Burela, Anxela Jorge Vidal, de Sober, e Javier Fernández Arruñada, de Foz.

 

Por último, na categoría de participantes de entre 12 e 16 anos, o xurado premiou os traballos de María Elena López González, de Sarria, Brenda González Fernández, da Biblioteca Provincial, e Laura Claro Tellado, de Burela. Os accésits foron para Vanessa López Gómez, de Ribadeo, e Amara Chao Durán, de Burela.

Sociedade