Koralli Boutique: prendas de moda a prezos asequibles

Koralli Boutique: prendas de moda a prezos asequibles
26 de Agosto, 2020 - 01:53 h. | Publicada por Radio Fene

O comercio de Fene segue sumándose ao Outlet. Son 17 os comercios que participarán esta fin de semana con grandes descontos nos seus produtos.

ESCOITA O PODCAST:
Nieves Grande en Koralli Boutique

Koralli Boutique atópase en Marqués de Figueroa, no número 7. Haberá descontos dende o 50 ata o 80% pero xa teñen en tenda roupa de nova tempada. “Vai ser un furor o coiro” sinala Nieves Grande Regueiro.

Na súa conta de Instagram adoitan subir a nova roupa que chega á tenda, fan sorteos e tamén teñen contactado con algunha rapaza da zona para que axude a dar a coñecer a tenda. Polo de agora, parece que funciona moi ben.

Ofrecen prendas de moda pero a prezos moi razonables.

Sociedade

Publica o teu comentario agora