Líderes

O Barallobre é líder
02 de Marzo, 2020 - 10:44 h. | Publicada por Radio Fene

Aí están. O Barallobre merece o liderato despois de non perder ningún dos dez encontros desputados. Ademais marca e non recibe moitos.

ESCOITA O PODCAST:

“Contento e satisfeito” amósase o técnico do Barallobre, Oscar Varela. A razón é o 5-1 co que acabou o marcador no Ramo.  Varela está contento porque o seu equipo está marcando e non lle fan moitos goles. No partido do domingo buscaron un gol tempraneiro que non chegaba. É máis, adiantouse o Estrella marcando no minuto 30, pero antes do descanso chegou o empate de corner no minuto 40, obra de Miguel Pena, e pouco despois marcou Rubén o 2-1.

No vestiario falaron de correxir a precipitación e foi man de santo porque no minuto 48 sae do pe de Rechi o 3-1. Nos minutos 69 e 70, en dúas xogadas seguidas o mesmo Rechi executa o cuarto e quinto tantos. Como o Capela empatou, o Barallobre é lider. “O marxe é apretado” afirma Oscar Varela, pero “aí estamos” .

O Barallobre non perdeu ningún dos dez partidos disputados e iso ten que notarse. Na próxima xornada os do Ramo visitan Ortigueira.

Deportes

Publica o teu comentario agora