La felicitá

Las Aspiradoras serán o prato forte do Felicia Pop 2019 de Limodre
16 de Xullo, 2019 - 10:07 h. | Publicada por Radio Fene

O Felicia Pop habilitará o campo de futbol de Limodre como zona de acampada para os asistentes ao festival.

Limodre acolle a XXI edición do Felipop, hoxe denominado Felicia Pop. Será o venres 2 e o sabado 3 de agosto na pista polideportiva de Limodre (Fene). Por segunda vez, como o ano pasado, a entrada será gratuíta. Los Wavy Gravies e Las Aspiradoras pechan o cartel o primeiro e segundo dia do festival.

O venres 2 suben ao escenario do Felicia Pop:

The Peawees

BB Sin Sed

Bule

Los Wavy Gravies.

O sabado 3 de agosto actúan en Limodre:

Los Iberos

Los Retrovisores

The Bo Derek's 

Las Aspiradoras

Na madrugada manterán a festa os Dj’s Alex Bigvoxxman e Dona Als Plats, o primeiro dia. E Pepe Kubrick e Señor X o último.

Como sempre, habilitarase o campo de futbol como zona de acampada. Organiza o Felicia Pop, Felicia Asociación Cultural e recibe a axuda da Deputación da Coruña, o Concello de Fene e a Xunta de Galicia. (Na imaxe o cartaz do 2019, obra do debuxante e pintor fenés ITO)

Encargados do peche do festival, Las Aspiradoras son un grupo Toledano-Manchego formado a principios de 2009 cun rock'n'roll na súa vertente máis salvaxe, tal e como o tocaban as bandas de garage-fuzz da década dos 60. Publicaron  dous singles "Ni rastro de Polvo" e "Malmete / Dientes", e un Lp, "Mil Puñaladas".

 

Cultura

Publica o teu comentario agora