La Habana Vieja e o Sloppy Joe's

Foron uns emigrantes aresáns os que fundaron o famoso bar Sloppy Joe's no centro da Habana
06 de Novembro, 2019 - 10:35 h. | Publicada por Radio Fene

La Habana Vieja sométese a unha restauración total para celebrar o 500 aniversario da cidade o dia 16 de novembro de 2019. A colaboración de numerosas institucións e países a nivel mundial axuda na rehabilitación dos edificios máis emblemáticos da cidade, algúns deles fundados por galegos, como o caso do Sloppy.

ESCOITA O PODCAST:

Escoitamos a entrevista a Mercedes Abeal e as voces de Elvira, Andrés Mari e Fina.

http://173.255.131.18/audio/061119ABEAL.mp3

Váise celebrar por todo o alto. La Habana cumple 500 anos o dia 16 de novembro. Coa vista posta nesa data os cubanos levan anos restaurando os edificios máis emblemáticos de La Habana Vieja por cuxas rúas paseou a expedición da Tenencia de Redes en Cuba. A visita a La Habana Vieja comenzou no templete onde se funda a cidade en 1519. O paseo continuou polas prazas de Armas, de San Francisco, Plaza da Catedral e Plaza Vieja, e as rúas enmarcadas nun área de cinco Kilómetros. La Habana Vieja encerra unha mestura de estilos arquitectónicos que son consecuencia e testemuña das diferentes épocas coloniais; baixo a coroa española, cando a gobernaron británicos e franceses e finalmente os estadounidenses. Aí atopamos verdadeiras xoias da arquitectura colonial; pazos e igrexas barrocas ou coquetos edificios Art Decó. Nas prazas oes berrar “manííí” ás vendedoras dos típicos cartuchos de cacahuetes, ataviadas cos coloridos vestidos de antano.

A rúa Obispo é a arteria onde se concentran as librarías e todo tipo de comercios. A expedición da Tenencia, tras este primeiro contacto con La Habana Vieja, e baixo os implacables 31º de calor, refrescouse onde todo o mundo se refresca en la Habana Vieja, en La Bodeguita del Medio tomando un mojito. A cidade de La Habana mira ao mar a través do seu Malecón, un interminable paseo de oito kilómetros que, para os cubanos, é o balcón de pensar, de pescar, de ligar ou de soñar. La Habana Vieja foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1982. Será na década dos 90 cando comeza a súa rehabilitación, impulsada pola oficina do historiador da cidade. Desde entón os propios habitantes desa zona levan a cabo a investigación e a restauración de igrexas, fortalezas e otros edificios como a ferretería Casteleiro y Vizoso ou o noso “Sloppy Joe’s” .

Sloppy Joe's Bar

O Sloppy Joe’s – entre as rúas Zulueta 252 e Ánimas y Virtudes- fundáronno o pai de Mercedes Abeal e os seus tios, chegados desde Ares á illa caribeña nos anos 20 do século XX. O último propietario antes da revolución foi José Abeal Otero.  O Sloppy está administrado na actualidade pola compañía estatal Habaguanex. En palabras do Historiador de La Habana, Eusebio Leal, "Restaurar el Sloppy Joe’s Bar es devolver a La Habana el lugar donde se reunían los artistas, los peloteros, los viajeros". O bar foi visitado por celebridades como o actor Errol Flynn e outros famosísimos actores de Hollywood e alí se rodou a película “Our man in Havana” ( 1959). Mercedes escoitou á súa familia desde pequena numerosas anécdotas do local. Unha moi bonita é que o poeta Curros Enríquez aloxouse nun cuarto do Sloppy cando caeu enfermo estando en La Habana.

En 2007 comenzóu a restauración do local, valéndose de fotos e materiais doádos por personas relacionadas co sitio, de dentro e fora da illa. Requeriu elementos e detalles que o caracterizaron na súa época de esplendor, entre eles a longa barra de madeira, 18 metros de caoba negra, as mesas e banquetas e toda a decoración interior. Tras a restauración o bar mantén a súa estructura e cores orixinais, a ampla gama de coctelería orixinal e o mesmo teléfono, como poideron certificar Mercedes e a súa filla Teresa (na imaxe de portada).  Viaxaron as dúas na expedición de Redes cun obxectivo claro, coñecer o famoso bar fundado polos seus antepasados. En obras eses dias, elas poideron entrar, pasar revista, comparar coas fotos familiares e chorar, chorar de emoción polo reencontro co seu pasado.

Cultura

Publica o teu comentario agora