La Kinky Beat presenta o seu novo disco “Massive Underground”nas festas de Boiro

La Kinky Beat presenta o seu novo disco “Massive Underground”nas festas de Boiro

29 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Rematouse a espera: La Kinky Beat entrega o seu cuarto álbum Massive Underground. E se soa tópico dicir que valeu a pena a espera, inda mais tópico soará dicir que a torca está a punto de rebentar. Pero o que a banda de Barcelona presenta, non é solo un disco, é unha declaración de principios creativos e de coherencia profesional, que é o que ven demostrando o longo da súa traxectoria. Os barcelo

La Kinky Beat, é unha banda de Barcelona que nace no 2003 como resultado da unión entre varios músicos de diferentes influencias que rápido se converteu nun claro referente internacional do son mestizo. O grupo, formado polos seus fundadores orixinais (Chalart58, Willy Fuego e Mata) foi, dende o comezo, un espazo aberto para todo tipo de músicos, como Madjid Fahem, David Bourguignon, Rude MC Italiano, Manel Cabello ou GZK, onde poder investigar ideas e linguaxes que levaron a banda a unha constante reinvención. 
O álbum de presentación de La Kinky Beat, Made in Barna (Kasba Music, 2004) incorpora sons rocksteady reggae e punk, e foi eloxiado tanto pola crítica como polo público, levando a banda a un xigantesco tour por toda Europa. Durante este período o grupo lanza o disco de remixes RMX Made in Barna (Kasba Music, 2005).
Para o seguinte traballo, chamado ironicamente One More Time (Kasba Music, 2006), a formación decide introducir ecos de drum and bass e reforza a presenza de programación electrónica. Este traballo, foi avalado por unha xira europea, incluíndo festivais como Glastonbury e o lanzamento da recopilaci´n 04-06 (Grabaxiones Alicia, 2007) en México, tamén acompañado pola xira sudamericana “One More No Sponsors Tour” (Brasil, México, Colombia…)
Continuando coa súa nova vertente electrónica, a banda publica Karate Beat (Kasba Music, 2008) onde o break beat e o jungle mestúranse cos estilos reggae e punk rock, orixinais da banda. O álbum recibe o premio UFI 2008 polo mellor disco do ano da Música Urbana. Por primeira vez, a xira “Karate Tour” lles leva aos países do este de Europa, recollendo as mellores críticas polo seu espectacular e potente directo.
Este 2011, La Kinky Beat lanza o seu cuarto álbum de estudio “Massive Undergrond” (Kasba Music, New Beats, 2011) levando a cabo unha nova transformación que funde a súa linguaxe orixinal, como o drum and bass e o reggae, có filtro dub de Chalart58, e presentará, aparte da formación habitual para a xira xeneral, un formato especial, máis reducido, para poder levar a cabo sesión dub. 
 
Sociedade