La Trova Coruñesa en concerto en Culleredo

La Trova Coruñesa en concerto en Culleredo

29 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Como previo á presentación oficial do novo disco “Nuevo Aire”, La Trova ofrece unha actuación con entrada de balde este venres, 31 de maio, ás 21 horas, no Salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (Culleredo). La Trova presentará oficialmente o seu “Nuevo Aire” na cidade de A Coruña a mediados de xuño; antes, nos ofrecen este adianto o vindeiro venres en Culleredo.

Baixo unha nova dirección musical, a do percusionista cubano e mestre da Escola Municipal de Música de A Coruña Tony Guevara, La Trova traballa nos últimos arranxos do seu novo traballo, que tras catro anos de existencia como formación, demostra unha evolución cara novos ritmos, maior profesionalización, máis variedade melódica, novas voces, etc; mais todo sen perder a súa esencia de orixe, esa que os ten levado por toda Galicia atraendo sempre a un numeroso público de todas as idades que goza ao escoitar as notas desas cancións de todos os tempos.

Sociedade