La Voz de Galicia e o PP vulneran a normativa eleitoral

La Voz de Galicia e o PP vulneran a normativa eleitoral

02 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O xornal La Voz de Galicia inclue hoxe na súa páxina 4 unha reproducción do cartaz eleitoral do Partido Popular pedindo o voto para Núñez Feijoo, incumprindo de xeito flagrante a Lei que limita ese tipo de manifestacións aos 15 dias de campaña. Espérase nas vindeiras horas un pronunciamento da Xunta Eleitoral.

A Lei Orgánica do Réxime Eleitoral Xeral foi incumprida en 6 ocasións por parte da Xunta de Galicia e do Partido Popular, segundo sendas resolucións emitidas dende a Xunta Eleitoral. Non obstante, este novo incumprimento ten maior gravidade ao pedir o voto directamente para a candidatura de Alberto Núñez Feijoo. A nova titúlase coa frase “El PP ya tiene cartel electoral” e se indica que as probas do cartaz eleitoral que o Partido Popular de Galicia empregará para as súas bandeirolas na campaña, xa saíu da imprensa. O artigo 53 da citada Lei Orgánica salienta que “dende a convocatoria das eleccións ata o inicio legal da campaña, queda prohibida a realización de publicidade ou propaganda eleitoral mediante cartazes, soportes comerciais ou insercións en prensa, radio ou outros medios dixitais”.

Sociedade