Labrada comeza o outono con sabor a cocido

Labrada comeza o outono con sabor a cocido

01 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Labrada e Guiritiz dan a benvida ao outono con boas viandas para un bo xantar festivo. Será este sábado cando teña lugar a 2º edición da “Festa da verza e do lacón cocido” desta parroquia guitiricesa. Todos os que desexen comezar ben o primeiro fin de semana de outubro poden acudir ao atrio da igrexa de Labrada para dar conta dun bo cocido e pasalo ben coas actividades programadas desde a comisión organizadora do evento, a Plataforma pro Lab

Así, o día comezará sobre as 11.30 horas da mañá cunha exposición de maquinaria, continuará ás 12.00 horas coa presentación das cestas para o concurso. O momento solemne chegará sobre as 13.30, cando o párroco de Labrada-Momán, Luis Ángel Rodríguez Patiño, proceda a oficiar a misa diaria. Xa contra as 14.00 a alcaldesa da vila chairega, Regina Polín, e a actriz da serie da RTVG “Libro de familia”, Lis Teuntor, procederán a dar o pregón que dea oficialidade á festa.

 

 

As 14.15 haberá tempo para a sesión vermouth, coa orquestra Costa Dourada, antes da comida campestre con caldo de verza, cocido, pan, viño, postre e café, todo cun prezo de 15 euros. Pola tarde serán os cativos os protagonistas, xa que será o tempo para os xogos populares. Ademais, tamén será o momento para a clasificación das cestas, un concurso de baile e, xa polo serán, a entrega de premios.

 

A noite comezará cunha boa churrascada e a verbena de Costa Dourada, que porá a música ata o fin de festa, alá polas 3.00 da mañá.

 

Para participar no xantar e na cea pódese chamar aos teléfonos 660 35 38 68, 670 41 80 30 e  650 01 11 71.

Sociedade