A lamprea que chega a Portugal

A lamprea que chega a Portugal

16 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Alvaro Cunqueiro definiu o sabor da lamprea como o "bico da serea". Agora na contorna de Porto tamén se poderá degustar ese manxar. Unha delegación de Arbo visita Penafiel para divulgar alí as especificidades da lamprea miñota.

Unha comitiva municipal, encabezada polo Alcalde de Arbo, Xavier Simón, dedicará dous días a promocionar a lamprea de Arbo, a LIV Festa da Lamprea e os viños arbenses no entorno de Porto. Convidados pola Câmara de Penafiel, a comitiva arbense desenvolverá diversos actos nesa Câmara, realizará diversos encontros con xornalistas e participará en diversos eventos co obxectivo de resaltar o seu xeito de preparala fronte aos usos e costumes de Penafiel.

Así mesmo, os viños da DO Rías Baixas, recollidos na Viñoteca Municipal existente no Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea, serán obxecto de difusión e promoción por parte do rexedor arbense. Xavier Simón sinala que “o turismo de proximidade é un dos principais ámbitos onde as pequenas vilas como a nosa deben traballar para ampliar o número de visitantes”. Neste sentido, os responsábeis municipais de Turismo sinalan que o cambio de tempo, coa parada das chuvias, provocou que se animase o turismo gastronómico en Arbo. Por último sinalan que a Campaña Comer Lamprea en Arbo ten Premio está sendo moi ben acollida polos comensais de lamprea e polo público en xeral.

Sociedade