Laura Bouza leerá o Manifesto do Dia de Galicia

O Ciclo do Día de Galicia arrinca o venres 5 de xullo na Praza Ramón Souto de Fene
03 de Xullo, 2019 - 12:51 h. | Publicada por Radio Fene

Laura Bouza, licenciada en Belas Artes e propietaria do Taller Laudas Calamiti, ubicado en Fene, será quen escriba e lea o Manifesto do Día da Patria Galega, o venres 12 de xullo.

ESCOITA O PODCAST:

Arrinca este venres o Ciclo do Dia de Galicia coa estrea do espectáculo “Setestrelo” sobre os Camiños de peregrinación a Santiago. Un espectáculo producido por Airiños de Fene e dirixido por Miguel Doval. Desvelounos o alcalde de Fene Gumersindo Galego que este ano será a artista Laura Bouza a encargada de ler o Manifesto diante do monumento ao Dia da Patria Galega o venres 12 de xullo ás 20,30 horas. O peche da semana chegará o mesmo venres coa actuación do grupo musical De Vacas na praza Ramón Souto onde hoxe se está a montar a carpa que acollerá todos os actos de maxia, malabarismo, o festival de Habaneiras ou a festa dos avós, que se irán sucedendo de venres 5 a venres 12 de xullo.

PROGRAMA

Venres 5 de xullo, Espectáculo de Setestrelo sobre o Camiño. Ás 20.00h.

O luns 8 de xullo ás 21,00h no que asistiremos a un espectáculo de Novo Circo con Isla Letriska: “Letriska inmóbile”. O martes non podía faltar a maxia. Este ano co mago Cayetano Lledó. Tamén ás 21.00h, ofrecerá o número titulado “ Lafayette Show”.

Outro clásico do ciclo “Dia de Galicia” é a o Certame de Habaneiras coa participación de todas as corais e rondallas de Fene: CPS San Valentín, O Pote de Maniños, Agarimo de Sillobre, Eterna Xuventude do Centro Sociocomunitario de Fene, Estrelecer do CMI Unidade de Fene, Perla do río do CCRD de Perlío e Tradicoro. A música coral empezará o mércores 10 de xullo ás 20.30h.

O xoves 11 mantense a Festa dos Avós. Seguimos na praza do cocnellod e Fene, ás 20.00h. Servirase gratuitamente, churrasco, empanada e bola. O que se recaude coas bebidas entregarase a Cáritas parroquial. Contémplase unha zona de hischables para os nenos e nenas. E a partir das 22.30 actuación da orquestra La Trova coruñesa co espectáculo “Sabor a min”.

O venres dia 12 de xullo, leerase ás 20,30h a Declaración Institucional diante do monumento ao “Día da Patria Galega” a cargo da artista Laura Bouza. E para acabar o ciclo, ás 22.00h De Vacas ofrecerán o concerto “Tour vacanal 2019” na Praza Ramón Souto González.

Institucional

Publica o teu comentario agora