Lavado de faciana do acceso de Tellerías a San valentín

Lavado de faciana do acceso de Tellerías a San valentín

02 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As obras de adecentamento do acceso de Tellerías a San Valentín, comezaron esta mesma mañá. Con elas prevese a adecuación da zona, mellorando o acceso de entrada á parroquia fenesa.

O edil de Obras e Servizos, Jose Antonio López, explicou que “se trata dunha actuación incluída nos Plans de Obras e Servizos da Deputación, e ven a continuar a senda de amaños de camiños que durante estes meses se teñen realizado nas parroquias do concello”.
 
 Darase formigón á estrada e anchearase nas zonas nas que foron realizadas cesións de terreo.Tamén se instalará a recollida de pluviais e deixarase a conexión do alcantarillado.A obra contará tamén coa colocación de novos puntos de luz nas zonas onde se precise. Unhas obras orzamentadas en 20.000 euros.

Sociedade