As lavandeiras en Sillobre e Renania

As lavandeiras en Sillobre e Renania

25 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Moitas eran as mulleres lavandeiras en Sillobre no Concello de Fene na primeira metade do século XX.Como en Sillobre, tamén na localidade de Beuel, perto de Colonia en Renania (Alemania) as numerosas lavandeiras eran unhas das profesións características da vila. As lavandeiras alemanas ademais protagonizan tamén o Antroido desde hai 185 anos.

Na zona de Renania en Alemania, o 19 de febreiro é o dia do Antroido, do Carnaval das mulleres. A tradición empezou en 1824. Un grupo de mulleres lavandeiras de Beuel, estaban fartas de traballar mentras os homes celebraban a súa festa. Cansas da situación, reuníronse e asaltaron o Concello, facendose coa chave da cidade, símbolo do poder. Hoxendia rexe o Concello unha muller alcaldesa durante todo o ano, pero as mulleres continuan celebrando o Antroido elexindo unha Princesa Lavandeira que realiza aparicións públicas desde o 11 de novembro ata o mércores de cinza. A princesa viste un vestido longo de terciopelo, leva un cetro e viaxa nunha caravana de coches co seu nome escrito nas ventanillas.

Beuel situase na ribeira leste do Rin, é unha zona soleada, e por esa razón as mulleres lavandeiras abundaban no lugar. Tendían as súas coladas limpas nas pradeiras para que se secasen.

As de Sillobre

Segundo indica Maria Rivera no seu libro “Sillobre ven de antigo” (Concello de Fene.2000) “nos comezos do século XX a lavandeira facía as viaxes a Ferrol o domingo, levando un “cesto da roupa” e percorría as casas para as que lavaba, recollendo a “roupa lixada” (que era sobre todo, roupa de cama, almofadas, colchas,...) e logo co cesto na cabeza, regresaba a casa. O dia de lavar a roupa era o luns. A primeiras horas da madrugada (á unha ou duas da mañá) as mulleres erguíanse para lavar as pezas. Axudadas cun candil, alumeaban o lavadeiro e lavaban a roupa con xabrón,, fregábana, batíana, torcíana e dábanlle contra as laxes; despois poñíana a “clareo”, tendéndoa ao sol nun campo e regandoa con auga durante ese dia. A roupa pasaba alí a noite e o martes recollíanse as pezas para facer a “bogada”, que consistía en meter a roupa nunha tina, poñéndolle por riba un mandil ou sabenla vella; nun pote poñían a ferver auga con cinza e xabrón e cando fervía un pouco, botábaselle por riba: feito isto a roupa pasábana de novo por auga limpa, xabrón e por un novo clareo. Máis tarde tendíana para secala no “enxugadoiro” formado por toxos. Unha vez seca, a lavandeira recollía e dobraba a roupa e normalmente a entregaba os mércores.

Quédate con Dios Betanzos
Coas tuas betanceiras
Eu voume para Sillobre
Xunto ás miñas lavandeiras.

Lavandeira de Sillobre,
Ai garrida lavandeira
Teño dir a San Ramón
Lavaima a miña monteira.

Sociedade