Le Punk de xira por Galicia

Le Punk de xira por Galicia

20 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Sala Karma de Pontevedra acollerá o segundo dos concertos que o grupo madrileño Le Punk está a dar en Galicia na súa xira de outono/inverno. Os músicos da Alameda de Osuna chegan á nosa terra para presentar o seu novo traballo discográfico titulado "Volumen I",un recopilatorio que recolle 11 temas do seu repertorio. Esta gravación de Le Punk está a disposición de tódolos seus seguidores de forma gratuita na súa p

O seguinte concerto de Le Punk terá lugar o sábado día 21 na sala La Fábrica de Chocolate de Vigo. O domingo día 22 a banda estará na Sala ultramarinos de Santiago de Compostela, concerto que pecha a súa estancia en Galicia.Ámbolos dous darán comenzo ás dez da noite e as entradas para asistir a eles custan 6 euros.  Na xira recén estreada a banda madrileña presenta amáis nova formación en acústico da man de Alfredo Fernández á voz e á guitarra e Joe Eceiza tamén como guitarrista. Mália o que seu nome puidera suxerir esta formación non fai música punk, senón que mezclan nas súas composicións ritmos tan dispares como o tango, a milonga, o rock'roll e o swing.O primeiro traballo da banda madrileña titulado La logia de la canalla publicouse no ano 2003. A súa carreira discográfica continuaría coa publicación no ano 2006 do disco titulado No disparen al pianista e no 2008 coa gravación de Mátame

Cultura