Leandro Lamas e Federico Ribas

Leandro Lamas e Federico Ribas
28 de Xaneiro, 2019 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

O club de prensa de Ferrol encárgase da organización dos actos na cidade. Celebraranse na biblioteca municipal da Praza de España coa proxección dun video sobre Federico Ribas Montenegro. Despois o debuxante Leandro Lamas manterá unha conversa coa xornalista Puri Rodriguez, ás 20:00h.

María Sánchez, Leandro Lamas e Roberto Grandal

Galiza celebra o Día de la Ilustración, este mércores dia 30, cunha homenaxe ao vigués Federico Ribas Montenegro (1890-1952) dando a coñecer a obra deste ilustrador, publicista e debuxante. Moitas bibliotecas, empezando pola da Xunta no Gaiás e acabando na municipal de Ferrol, acollerán actos divulgativos do homenaxeado. A iniciativa está promovida pola Consellería de Cultura e Turismo en colaboración con la Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). En Ferrol será o club de prensa o que organice na biblioteca municipal da Praza de España proxección dun video sobre Federico Ribas Montenegro, o homenaxeado deste ano no Dia da Ilustración, que se fai coincidir coa data do nacemento de Castelao. Despois manterán unha conversa o debuxante Leandro Lamas e a xornalista Puri Rodríguez, ás 20 horas sobre Ribas e sobre a importancia da ilustración.

FEDERICO RIBAS

Ribas naceu en outubro de 1890 en Bouzas- Vigo- Faleceu en Madrid en 1952. Chegou a ser un referente no incipiente mundo da publicidade cando traballou para a famosa perfumería GAL. Gañou un concurso publicitario da firma para o xabron Heno de Pravia e aí quedou por moitos anos. Instalouse en Madrid en 1916 onde traballou para Blanco y Negro e ABC e facendo portadas para libros. Dirixiu unha empresa de publicidade. Para pasar os veráns, mercou unha casa en Bueu onde o pillou a guerra. Exiliouse a Bos Aires en novembro de 1936. Alí dirixiu a revista Atlántida e casou coa actriz española Mercedes Sicilia. Na Arxentina coincidiu con Castelao e Luís Seoane. Fixo as personaxes para o filme de animación arxentino en branco en negro El mono relojero, de 1938, e adaptacións gráficas do Quijote e da Illa do tesouro.En 1949 volveu a Madrid para seguir nos antigos traballos publicitarios. Seguiu colaborando con Blanco y Negro, Crónica, Buen Humor, Flirt, e outras publicacións. Hai obra de Federico Ribas, entre outras coleccións, en Afundación, no Museo de Belas Artes da Coruña, no Museo Provincial de Pontevedra, no Museo Galego de Arte Contemporáneo Carlos Maside, no Museo Massó e no Museo Anfaco da Industria conserveira.

Cultura

Publica o teu comentario agora