LED en Vilar do Colo

Procedeuse á sustitución de 221 luminarias no polígono de Fene e Cabanas
20 de Novembro, 2019 - 12:28 h. | Publicada por Radio Fene

Cabanas e Fene conclúen as obras de implantación da tecnoloxía LED no alumeado público do polígono de Vilar do Colo. A intervención, impulsada polos dous concellos e cun orzamento superior aos 63.000 euros, contou cunha subvención da Consellería de Presidencia Procedeuse á substitución de 221 luminarias e permitirá un aforro na factura eléctrica anual superior ao 63%.

O concelleiro de Promoción Económica de Fene, Juan José Franco, informou esta mañá da conclusión dos traballos para a renovación das infraestruturas de alumeado público exterior no polígono industrial de Vilar do Colo. Unha intervención que requeriu dun investimento superior aos 63.000 euros e que, na práctica, supuxo a implantación da tecnoloxía LED en toda a rede pública de alumeado da zona industrial.

Así, procedeuse á renovación de 221 lámpadas de vapor de sodio e á revisión e mellora de 9 cadros eléctricos e máis as acometidas. Unha actuación de eficiencia enerxética que, tal e como puxo en valor o concelleiro, permitirá tamén mellorar a calidade do servizo e reducir significativamente o consumo eléctrico e, por tanto, a factura. Máis concretamente, estímase unha rebaixa de ata o 63,48% ao ano (pasando dos 34.333,66 euros que se abonan actualmente aos 12.538,63 euros).

Foi posible, destacou Franco, grazas á colaboración entre os concellos de Cabanas e Fene. Así mesmo, lembrou tamén a participación da Administración autonómica, que permitiu reducir a aportación municipal trala concesión dunha axuda por parte da Consellería de Presidencia de ata o 65%.

Institucional

Publica o teu comentario agora