LED para Vilar do Colo

Vilar do Colo únese así ás principais avenidas da zona urbana no aforro enerxético
23 de Maio, 2019 - 11:34 h. | Publicada por Radio Fene

O investimento total que recolle o proxecto presentado polo Concello de Fene ascende a 119.818,99 euros.

Polígono industrial de Vilar do Colo. Fene

O Concello de Fene vén de recibir a confirmación dunha subvención de 77.882,34 euros por parte da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia para o financiamento do proxecto de renovación de equipamentos de infraestruturas de alumeado público exterior para a mellora da eficiencia enerxética en Vilar do Colo. Un proxecto que contempla a implantación de tecnoloxía LED e que ascende a 119.818,99 euros. A axuda da Administración autonómica, correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental, permitirá financiar o 65% da intervención, reducindo a aportación municipal ao 35%.

Institucional

Publica o teu comentario agora