Leilía na romaría

O Pote de Maniños volve o domingo 25 de agosto cun espectacular cartel
14 de Agosto, 2019 - 01:27 h. | Publicada por Radio Fene

Leilía participa este ano na romaría do Pote de Maniños. Unha tradición dende o 1933 que volve para o vindeiro domingo 25 de agosto.

O “Festipote” acollerá unha xornada chea de festa. Comezando ás 11 da mañá con xogos populares. Ás 12 soará a música do grupo de gaitas “No cómaro”. A partir da unha e media é hora da comida. Primeiro, degustación de mexillóns xunto ao pregón de Dani Rios ás dúas. E as tres e media o xantar popular. Para a tarde-noite, música por todo o alto. Abre ás oito a actuación de Mekanika Rolling Band, séguelle Leilia ás dez, Blues do Pais ás once e media, e remata a Orquestra Ceniza dende á unha da madrugada.

Cultura

Publica o teu comentario agora