Leira conta con novo local social

Leira conta con novo local social

20 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A antiga escola da parróquia de Leira en Ordes foi reformada e rehabilitada co fin de dar un novo uso para toda a cidadanía. Iniciativas similares se realizan en Beán e Poulo, onde se preparan instalacións que poidan acoller todo tipo de actividades sociais e culturais.

Os traballos realizados no local social de Leira consistiron na mellora de todo o edificio así como do seu entorno. No edificio, que ten un total de 160 metros cadrados repartidos en dúas plantas, habilitáronse diferentes espazos como una salón para a realización das actividades, ademais de oficinas para as asociacións e veciños da parroquia, baños, almacén, así como un espazo no exterior do edificio, tamén cuberto, para a realización de actividades culturais.

Pero este non será o único local social co que contarán as parroquias ordenses, ao que se sumarán o de Beán, que será o próximo en inaugurarse, e que se ubica nas instalacións da antiga rectoral da parroquia; e o de Poulo no que todavía se están a realizar as obras na antiga escola.

O arranxo destes locais forma parte dun plan municipal a través do que se están a levar a cabo obras nestas antigas instalacións para convertilas en locais sociais. Nas actuacións participa o obradoiro de emprego do Concello.

Dende o goberno local explicaron que estas instalacións se encontraban nun estado “lamentable”, querendo desta maneira poñer fin á situación e dándolles un valor tanto a nivel patrimonial para o
Concello, como para os veciños e veciñas de cada unha destas parroquias.

O alcalde, Manuel Regos, insistiu na importancia de “dotar ás parroquias con este tipo de infraestructuras para que os veciños e veciñas teñan un lugar onde poder socializarse, así como realizar as súas actividades sen necesidade de ter que desprazarse ao centro urbano da localidade”.

Sociedade