Leite Río suspende a recollida en dúas cooperativas de A Mariña

Leite Río suspende a recollida en dúas cooperativas de A Mariña

25 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O sector lácteo lucense ten unha nova fronte aberta na provincia. Ao peche de Pascual en Outeiro de Rei, á caída do prezo do litro de leite en orixe e á desaparición dalgunhas das rutas de recollida na Terra Chá, hai que sumarlle o conflito que ven de producirse entre Leite Río e dúas explotacións gandeiras da Mariña Lucense. Fruto deste conflicto producíronse hoxe retencións e o vaciado das cinsternas de cami&oacute

Desde o Sindicato Labrego Galego (SLG) acúsase á empresa láctea de ser a orixe da problemática debido á súa suspensión da recollida de leite nesas dúas cooperativas. Como consecuencia desta acción, gandeiros de Piñeira, en Ribadeo, “retiveron” a un camión-nodriza de Lácteos Lence o pasado xoves. A decisión de Río, segundo o SLG, foi tomada directamente polo propio xerente da firma, Jesús Lence, produto dunhas “incidencias provocadas pola discusión de prezo que estas dúas explotacións lle prantexaron a un inspector de devandita empresa”. Para a organización agraria, os gandeiros limitáronse a “expoñerlle que non podían seguir soportando a actual situación de prezo”.

 

Sen embargo, desde Leite Río hai outra versión dos feitos. A compañía culpa do conflito “aos propios gandeiros”, debido a que un inspector da empresa, “nunha mostraxe rutinaria, o día 22 de Maio, foi insultado, agredido e ameazado sen mediar palabra”. Segundo Leite Río, os membros das dúas explotacións lle manifestaron “que non querían ver a ninguén da empresa nas súas explotacións”. Este foi o principal motivo polo que a compañía leiteira xustifica a súa non recollida do produto, o cal lles foi comunicado ás dúas cooperativas mediante un burofax, ademais de informárselles “que non se lles procederá á recollida da leite en ditas explotacións”. Segundo o SLG, Lence puxo como condición para recoller o produto se os gandeiros afectados “lle piden perdón públicamente”.

O propio conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, tentou mediar neste conflito para que se restaurasen as rutas, aínda que considerou o problema como unha “circunstancia particular” entre as dúas partes. Desde o SLG considéranse esta declaracións como “unha absoluta tomadura de pelo”, xa que non entenden como “o señor conselleiro diga que a situación destas dúas explotacións, que o único que fixeron foi demandar poder vivir co prezo que polo seu leite lles paga Lence, é un problema puntual”.

Mobilizacións

O propio SLG anunciou unha serie de mobilizacións para “facer fronte a estas chantaxes”. Para a organización agraria, “actitudes e declaracións coma estas non nos deixan máis opción que retomar as mobilizacións no sector, xa que fica claro que non teñen intención de habilitar medidas para a recuperación do prezo”. Estas accións xa comezaron do día de onte, paralizando varias rutas de recollida de leite de lácteos Lence, e continuaron hoxe co vaciado e a retención de camións de Leite Río en Ordes, Muimenta, Guitiriz e A Pontenova.

Sociedade