A leituga ecolóxica é a estrela

A leituga ecolóxica é a estrela
08 de Abril, 2020 - 09:52 h. | Publicada por Radio Fene

A leituga é o producto estrela neste momento en Agronuquel onde agardan os primeiros tomates ecolóxicos para finais de xuño.

ESCOITA O PODCAST:

Na Costa da Silva, en Neda, están as plantacións de Agronúquel, con produtos de horta ecolóxicos e un mercado aberto á contorna, Neda, Narón, Fene, Ferrol e Cabanas-Pontedeume. Bárbara Rivera está notando como a clientela particular continúa fiel así como as tendas pequenas ás que prové, pero o baixón nótase no parón da hostalería e no peche dos comedores escolares aos que servían antes do coronavirus. Ter servizo a domicilio é unha boa cousa neste tempo de crise porque o confinamento provoca que a xente que se achegaba con frecuencia aos invernadoiros de Agronuquel para recoller a compra, agora non o faga. Pero eles achéganlles os produto á casa, tomando as medidas de seguridade pertinentes. Colocan a caixa no portal do edificio sen entrar en contacto co cliente e este paga por transferencia bancaria ou “ao fiado”, explica Bárbara, pagando cando remate esta alarma sanitaria.

Bárbara Rivera non perde a esperanza de que, cando pase todo isto, a xente se conciencie e valore os produtos de proximidade pero recoñece a comodidade de coller todo no super dunha vez e sen molestarse. Neste momento o produto estrela en Agronuquel é a leituga, pero tamén saen cóengos, rúcula, repolos ou cabazas. Prontiño sairán  os chícharos e tirabeques. Calcula Bárbara que os tomates estarán listos a finais de xuño, o mesmo que os pementos ou as berenxenas. Con luvas, máscaras, moito coidado no contacto coa xente e cos cartos, así traballan neste tempo de alarma sanitaria en Agronuquel. Atende mediante whatsapp no número  686823116 ou no correo electrónico agronuquel@gmail.com

Sociedade

Publica o teu comentario agora