Lembran a Iván Arnoso en Megasa

Lembran a Iván Arnoso en Megasa

12 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Familiares e amigos de Iván Arnoso lembraron esta mañá ao xove de Fene cando se cumpren 3 anos da súa morte en accidente laboral na factoria Megasa de Narón. Reclaman unha rápida decisión xudicial que condene aos responsabeis da empresa metalúrxica.

Afirman que “xa van tres anos e siguen esperando xustiza”. Reclaman tamén a implantación de medidas que dificulte ou faga imposibles accidentes como o que lle custou a vida a Iván. Esta mañá colocaron unha pancarta na entrada de Megasa e repartiron octavillas entre os cidadáns que circulaban polo lugar.

Sociedade