Lembrando ao poeta azul

Lembrando ao poeta azul

05 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo de teatro Agarimo de Sillobre escenificará un diálogo e recitará poemas de Pérez Parallé. Logo o profesor Alexandre Ripoll e o humorista Siro disertarán sobre a figura do poeta do Penedo. Como remate serviráse unha queimada, coa lectura do esconxuro elaborado polo segrel. Os actos comezarán ás sete desta tarde no Circulo de Fene.

Trátase da conmemoración do centenario do nacemento de Pérez Parallé no barrio de Canido en Ferrol. As actividades comezaron na tarde de onte en Barallobre coa descuberta dunha placa conmemorativa no parque da Liga de Amigos de Barallobre. O gaiteiro Daniel Bellón puxo a melodia mentras o concelleiro de Cultura de Fene Edgar Vigo e a viuva de Parallé descubrían a placa.

 

O poeta Xoan Garcia lembrou a Don Ramón Otero Pedraio, quen denominou a Pérez Parallé, o poeta azul. Tamén se referiu á súa bonhomía que o levaba a non ser quen de dicirlle non a ninguén que lle fose solicitar apoio para unha causa noble. No acto actuaron as cantareiras e o grupo de baile Volvoretas da Liga de Amigos. Igualmente a rondalla Estrelecer encandilou ao público coa interpretación musicada de tres poemas de Parallé.

Cultura