Lembrando a figura de Álvaro Cunqueiro

Lembrando a figura de Álvaro Cunqueiro

25 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Mondoñedo homenaxea este domingo ao seu veciño máis ilustre, o escritor Álvaro Cunqueiro, co gallo do centenario do seu nacemento. Ademais coincide coa data do seu pasamento o 28 de febrero de 1981. A xornada xirará arredor das súa figura e comezará ás once e media da mañá cunha ofrenda floral no Camposanto ante a tumba deste mindoniense universal. A celebración enlázanna coa presentación, na casa do concello, do

Outra das actividades que se celebrarán na mariña lucense é un obradoiro de fotografías denominada “Olladas de mulleres” organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade. Escoitarase a música de Xacobo Casal e conmemorarase así o Día da Muller Traballadora.

O goberno municipal de Foz aposta polas novas teconoloxías e así oferta un taller de administración electrónica sobre o 060. Un número co que xestionar trámites e obter información. Tamén se organiza unas xornadas adicadas ao empresariado no Telecentro de Foz. Deste xeito, os empresarios coñecerán de perto co que tecido empresarial contan, ferramentas de uso, etc.

A mariña lucense está moi concienciada coa campaña “Orgullosos do noso. Orgullosos do galego”. Segundo Anxo Rivas, de Radio Foz “ Independentemente da ideoloxía ou a casel social hai que  botarlle una man a nosa lingua. Presumir do galego que fai moita falta”. Así resaltou a intervención do actor galego Luis Tosar na Gala dos Goya “cando deu unhas talladas na nosa lingua” no momento de recibir o seu premio.

Sociedade