Lembranzas do meu vivir

Lembranzas do meu vivir
22 de Agosto, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O gusto pola xeografía, a inquedanza política e a vocación de mestre, son as tres grandes arelas de Ramón Otero Pedrayo que xorden nos seus anos de instituto en Ourense. Patricia Arias e Teresa Garcia Sabell presentan cunha interesante introdución o primeiro tomo das “Lembranzas do meu vivir”, as memorias do Otero entre 1898 e 1904. O patriarca das Letras Galegas tentou en diferentes momentos, redactar de maneira ordenada as súas vivencias. O manuscrito fíxollo chegar como presente a quen foi un amigo, un irmán na causa e un confidente, Domingo García-Sabell.

Patricia Arias no banco adicado a Otero Pedrayo

Explícanse as peripecias das memorias de Otero e alúdese ao manuscrito de “Camino de Santiago”, o guión da película que Cesáreo Gonzalez e Suevia Films lle encargaron a don Ramón en 1952. No texto relátanse as aventuras de Helena e Daniel, unha parella de estudantes na Sorbona, que emprenden unha viaxe en coche de París a Compostela. Foi publicado en 2018 por Editorial Galaxia.

 

(Na imaxe Patricia Arias no Monumento ao Camiñante Descoñecido, inaugurado por Otero Pedrayo en 1934 en Fene)

Cultura

Publica o teu comentario agora