Lembranzas intensas e extensas dunha escola para a vida

Lembranzas intensas e extensas dunha escola para a vida

22 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O instituto de Fene botou a andar en 1984. 26 anos despois profesores e alumnado reunironse nun acto emotivo que rematou nun restaurante da zona. Daquela era alcalde Xose María Rivera Arnoso quen lembra os actos da inauguración. A asamblea de mulleres de Astano levara alí unha protesta pola reconversión naval, diante do conselleiro de Educación Vázquez Portomeñe.

Había moita xuventude no profesorado e moita colaboración e axuda desde o Concello, lembra Emilio Insua, director do Instituto de Barallobre no curso 1985 1986 e profesor xa o ano anterior. Empezouse en San Valentín e logo trasladaronse ás aulas para O Pazo. Houbo que empezar de cero.

Augusto Pérez Alberti foi o primeiro director do Instituto de Fene. Onte lembrou a compañeiros que faleceron como o crego Furelos ou Lois Obelleiro. Eran os momentos da reconversión naval pero Pérez Alberti garda un moi bó recordo de Fene.

As lembranzas intensas e extensas cubriron onte á tarde o Instituto de Barallobre. Profesorado e alumnado recordaron anecdotas e recoñeceron que máis alá dos coñecementos dos libros, no centro educativo do Pazo, impartiuse unha escola para a vida.

Sociedade