Lencería e traxes de baño con grandes descontos

Lencería e traxes de baño con grandes descontos
27 de Agosto, 2020 - 01:34 h. | Publicada por Radio Fene

O Outlet de Fene desenvolverase o venres e o sábado de dez da mañá a dúas da tarde e de cinco da tarde a nove da noite. O domingo entre as dez da mañá e as dúas da tarde. No evento poderán conseguirse todo tipo de artigos -principalmente moda, complementos e cousas para a casa-, con rebaixas que nalgúns casos poden chegar até un 70%.

ESCOITA O PODCAST:
Loly Calvo xunto aos seus produtos

Lencería Loly Calvo atópase no número 71 da avenida Marqués de Figueroa. Participan sempre no Outlet e este ano non podía faltar. Poderemos mercar lencería e traxes de baño con descontos de entre o 10 e o 70%. Calvo cóntanos que a súa clientela é, sobre todo, xente de mediana idade, pero tamén teñen clientas máis novas ou entre sesenta e setenta anos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora