A lenda da Pena Molexa revive en Narón

A lenda da Pena Molexa revive en Narón

17 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A pena é en realidade unha moura petrificada por culpa dun feitizo. A noite do vindeiro sábado desfaise o encantamento e a pedra recupera a forma dunha fermosa muller de cabelos loiros. Ofrece a quen a vexa, quedar con ela e cos tesouros que agochou no monte. Esa é a lenda da Pena Molexa que o sábado se escenifica no lugar de Vilasuso, no Val en Narón.

A Asociación Veciñal Os Irmandiños, a cooperativa do Val, a asociación Zarabanda e o Padroado de Cultura de Narón organizan a festividade da lenda da Pena Molexa. O grupo A Roda ofrecerá un concerto no lugar ás dez da noite do sábado. Pero as actividades comezarán ás seis da tarde con xogos populares e exhibición de deporte rural. As oito da tarde serviráse unha churrascada para dar paso á música. As doce en punto da noite escenificaráse a lenda da pena molexa e arredor das doce e media comezará unha repichoca con música popular despois do prendido da lumieira.

Sociedade