A lenda de Xan Carallás no Multiusos e na Casa da torre

A lenda de Xan Carallás no Multiusos e na Casa da torre

05 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Esta mostra amplíase cunha serie da talla do artista redondelán José Fernández Crespo “Sesé” que poderá visitarse na Casa da Torre ata o 15 de xuño.

Relevo das “burras”

Este é a primeira das actividades incluídas dentro da programación das festas da Coca que arranca oficialmente na tarde do vindeiro mércores día 10. Nesa xornada terá lugar unha das novidades deste ano, o relevo dunha das burras. Isabel Veiga deixa o seu posto logo de 10 anos participando na danza das espadas e será sustituída por Sonia Ferreira, de 31 anos que se encargará de portar a unha das penlas no tradicional baile.

E tamén como novidade, dende a Concellería de cultura preténdese recuperar unha tradición que se celebraba anos atrás e que consistía en colocar panos en fiestras e balcóns. Por este motivo faise un chamamento a todos os veciños par que engalanen as fachadas dos seus edificios. 

Unha participación que dende o concello propoñen que vaia máis alá. Así convídase á cidadanía a acudir con traxes de época á recreación medieval que se vai desenvolver na fin de semana dos días 13 e 14 de xuño. O casco vello trasformarase nun gran mercado de época co noventa postos con diferentes produtos de artesanía e espectáculos de rúa. Haberá ademais talleres de oficios, xogos medievais, unha exposición de armas e cabaleiros, guerreiros e personaxes da cortes animarán as rúas acompañados de trasnos, saltimbanquis e fadas.

 

Cultura